Site icon Crónica3.com A Mariña

Accidente no Vicedo

O Vicedo, 5 de xaneiro, 2024. Tratouse dunha saída de vía, rexistrouse poucos minutos despois no Vicedo, e outras dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Faltaban dez minutos para a medianoite cando un alertador particular deu conta ao 112 Galicia dos feitos, que tiveron lugar no quilómetro 73 da LU-862.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE-112 Galicia informouse ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo.

Os Bombeiros interviñeron para desconectar a batería do vehículo, que se atopaba moi preto dunha zona de monte e que permanecía coas luces acendidas tralo accidente.

Exit mobile version