A vicepresidenta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o conselleiro do Mar presiden a reunión técnica de seguimento
Durante a reunión deron a coñecer a chamada telefónica que tivo lugar esta mañá entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera. Rueda reclamou a Ribera información actualizada e precisa sobre a situación da vertedura, as causas, alcance e contido dos contedores. O titular de Mar sinalou co Executivo estatal ofreceu colaborar poñendo a disposición novos medios, co obxectivo de continuar acometendo as labores de limpeza e retirada destes materiais. Uns recursos, por outra banda, que servirán de reforzo aos xa despregados pola Xunta con axentes medioambientais, brigadas de Tragsa e os propios dos concellos afectados. Uns traballos que sinalou serán intensificados nos vindeiros días.
Alfonso Villares indicou que persoal autonómico colleu mostras dos materiais recollidos e que xa foron enviadas a analizar para coñecer con detalle a súa composición. Pola súa banda, a vicepresidenta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, informou que na actualidade non hai ningunha especie nos centros de recuperación da Consellería afectados por esta vertedura.