O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, destacou o traballo que realiza a Asociación Mulleres en Igualdade para favorecer a integración das persoas en situación ou risco de exclusión. Fíxoo durante unha visita ás instalacións que ten esta entidade en Foz, onde se reuniu cos seus responsables e usuarios. Arturo Parrado sinalou que, entre as actuacións prioritarias de Mulleres en Igualdade, está a prevención da violencia de xénero e a atención ás vítimas, así como apoiar a inserción laboral de colectivos vulnerables, como o das mulleres inmigrantes.