Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta aposta polas casas de familia como recursos de atención a nenos e adolescentes dentro do sistema de protección

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe o centro de Muimenta, en Cospeito

Cospeito, 13 de xaneiro de 2024. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe a Casa de Familia de Muimenta, onde se presta atención a un grupo de nenos e adolescentes que están dentro do sistema de protección autonómico.

A conselleira manifestou que a Xunta confía nas entidades sociais para a xestión destes centros de atención a menores que a Administración autonómica ten baixo a súa tutela ou garda

Fabiola García tamén destacou que este tipo de recursos, xunto ao acollemento familiar, son o maior garante de que nenos e adolescentes en risco de especial vulnerabilidade contan coas ferramentas necesarias para desenvolver unha vida plena.

Reunión co alcalde

Con antelación a esta visita, a conselleira reuniuse co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, con quen abordou diferentes temas relacionados coa atención á infancia e ás persoas maiores do municipio.

Exit mobile version