Site icon Crónica3.com A Mariña

A tradicional Festa da Candelaria, en Rúa, celébrase esta fin de semana

Contará con numerosas actuacións e unha carpa adaptada a posibles contratempos meteorolóxicos

Cervo, 29 de xaneiro de 2024. A parroquia de Rúa celebrará as festas da Candelaria a próxima fin de semana, os días 2, 3 e 4 de febreiro.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polos membros da Comisión de Festas.

A programación arrinca o venres, Día da Patroa, cunha misa solemne dan man do coro de Cervo ás 12:30 horas seguida dunha sesión vermú a cargo do Grupo “La Bamba”.

Como novidade, ese mesmo día, a partir das 21:00 horas, celebrarán a I Festa dos Callos, a un prezo de 15 euros por persoa, nunha carpa pechada e climatizada para a ocasión. Os tickets poñeranse á venda ese mesmo día na propia carpa.

O Grupo La Bamba, a orquestra Marbella e o DJ Litainer -para rematar-, serán os encargados de amenizar a velada.

O sábado, volverá haber misa ás 12:30 horas cantada polo coro de Cervo, seguida da sesión vermú da man do dúo “La hora bruja”; á noitiña serán as orquestras Finisterre e Fania Blanco Show, as que animarán a Festa.

Xa o domingo, a misa solemne será ás 13:00 horas, cunha sesión vermú prolongada da man do grupo Fénix.

Dende o Concello de Cervo convidan a todos os veciños da parroquia e do municipio á festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga durante toda a fin de semana, cun programa repleto de actos.

Exit mobile version