Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria continúa coa difusión da manifestación do 4 de febreiro nos mercados

A Mariña, 27 de xaneiro de 2024. Diversos integrantes da Plataforma Sanitaria da Mariña acudiron aos mercados de varias localidades da comarca para continuar coa súa labor de difusión e información sobre a situación da sanidade pública na comarca.

O colectivo sanitario comprobou a pé de rúa o malestar que hai nas veciñas e veciños por unhas listas de espera que se fan insoportables e vergonzosas pola súa magnitude, chegando ata catro anos para ir ao cardiólogo, máis de tres anos para neuroloxía e para o resto de especialidades.

Amosaron tamén a súa indignación pola falta de pediatras e médicos de familia no nivel máis básico de saúde, acreditando que é necesario acudir á manifestación do próximo 4 de febreiro para loitar por “unha sanidade que é todas e todos, e temos que defendela”.

A Plataforma Sanitaria lembra que sigue aberta a reserva de praza para os autobuses nos teléfonos 982140654, 982581861 e 667 05 20 58 ata o xoves 1 de febreiro ás 14 horas.

Exit mobile version