O alcalde, Dani Vega, lembrou que “tiñamos moitas ganas de ver en Ribadeo a Son de Seu e finalmente puidemos gozar da súa presenza na tarde de onte xunto coa nosa Coral Polifónica, que ofreceron un fantástico concerto de reis. A igrexa estivo ateigada de xente. Estamos moi contentos pola resposta das veciñas e dos veciños de Ribadeo”.
A igrexa parroquial acolleu este xoves o concerto de reis ofrecido por Son de Seu e pola Coral Polifónica de Ribadeo, que foi todo un éxito