Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil investiga ao presunto autor dun delito de incendio forestal no Valadouro

Mondoñedo, 31 de xaneiro de 2024. A Garda Civil imputa en calidade de investigado ao
presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave.

Os feitos tiñan lugar o pasado día 26 no termo municipal do Valadouro cando a persoa investigada procedeu a realizar unha queima de residuos forestais e silvícolas, carecendo de autorización administrativa e incumprindo ao mesmo tempo a lexislación sectorial vixente para o efecto de Galicia.

Por mor da investigación efectuada polos Axentes do Uprona da Garda Civil de Lugo constátase que por acción do vento reinante o lume descontrolárase afectando a masa arborizada.

As dilixencias confeccionadas foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo.

A Garda Civil fai fincapé na necesidade de cumprir a normativa sectorial dentro da comunidade autónoma para realizar este tipo de queimas.

Exit mobile version