Investígaselle así mesmo por un delito de coaccións a menores de idade, cinco das vítimas tiñan menos de 12 anos
O feito ten lugar o pasado ano, cando o presunto autor enviaba mensaxes, a través dunha coñecida rede social, a mulleres e nenas menores de idade, solicitando encontros de índole sexual e fotografías intimas, usando unha linguaxe claramente sexual.
Ante a gravidade dos feitos, xerouse alarma social entre os habitantes das localidades da comarca, ademais do temor de varias das vítimas e as súas familias, ao sentir que se atopaban ante un posible depredador sexual.
A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Viveiro.