Site icon Crónica3.com A Mariña

A Base de Unidade Operativa da Fonsagrada remata as súas obras de reforma, cun investimento total de preto de 76.000 euros

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2024. O proceso de reforma das instalacións da Base de Unidade Operativa (BUO) da Fonsagrada vén de rematar cunha actuación, enmarcada no Plan de mellora das infraestruturas da Consellería do Medio Rural do período 2021-2026, para a que se destinou un orzamento total de 75.878,47 euros. Os gastos foron financiados na súa totalidade a través de fondos Feder React, como resposta da Unión Europea á pandemia da covid19.

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballos, ademais dos recintos para gardar os vehículos.

A edificación, localizada no concello da Fonsagrada, é o punto de encontro do persoal das brigadas forestais. Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.

Exit mobile version