Alfoz, 5 de xaneiro, 2024. Este venres a Alcadesa de Alfoz, Efigenia Maseda, acompañada pola Concelleira de Desenvolvemento Local, Judit Casabella; visitaron ás usuarias e usuarios da Vivenda Comunitaria do Concello para felicitarlles o aninovo, os reis e agasallalos cun conxunto de produtos de hixiene persoal.
Efigenia e Judit gozaron dunha mañá de conversa e anécdotas tanto cos residentes como con Rosa María, traballadora da vivenda. Desta visita a alcadesa comentou “a satisfacción que dá ver a ilusión destas datas na xente, independentemente dos anos de experiencia que un teña”.
Dende o Concello de Alfoz, aproveitamos para desexarlle a toda a veciñanza un bo comezo de ano e uns bos reis.