Site icon Crónica3.com A Mariña

Xs veciñxs de Burela poderán ver de balde este venres o musical ‘La Sirenita’

O concello asume a organización deste espectáculo familiar

Burela, 27 de decembro de 2023. O Concello de Burela anuncia que os veciños e veciñas de Burela poderán ver de balde este venres o musical La Sirenita.

A compañía organizadora informou recentemente ao concello de que o ritmo de venda das entradas non era o esperado, e ambas partes chegaron a un acordo para que o musical siga adiante, gratuíto e baixo a organización do concello.

A empresa poñerase en contacto para devolverlles os cartos coas persoas que compraron a entrada.

A casa da cultura de Burela acolle esta representación o venres, 29 de decembro, ás 18:30 horas.

O espectáculo repasa as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.

Exit mobile version