No minuto 4 chega o primeiro e último gol da primeira parte, cun disparo de Irene Samper tras unha fermosa triangulación entre Emilly, Patricia e a xogadora maña. Con numerosísimos tiros a porta e numerosísimas paradas de Raquel, unha das xogadoras que máis traballou esta tarde, aínda que o equipo visitante tamén logra xerar varias situacións de perigo que incomodan ao Burela na súa cancha, chega o descanso sen goles.
No segundo tempo comeza o festival co segundo gol do partido e de Irene Samper, que lla coa a Raquel tras un pau de Emilly e un disparo no rexeite de Patricia que tamén detén a incansable porteira do equipo madrileño. Continúa o encontro dominando o Burela, xerando numerosas ocasións e tiros a porta que se reparten nas boísimas paradas de Raquel e os desacertos na puntería das xogadoras do conxunto mariñán, ata o minuto 33 no que chega o 3-0 cun gol de Emilly que aproveita un pase da morte ao segundo pau de Irene Samper. Un minuto despois o 4-0, cun gol en propia meta de Pitxi. Coa tranquilidade que achega o avultado marcador, aínda que tamén un xesto de confianza importante tendo en cuenta o minuto de xogo, sae Ester a defender os paus do seu equipo natal no minuto 35 de xogo. No minuto 37 chega o 5-0 cun gol de Rafinha tras unha asistencia de Patricia. No 38 Dany define ante Raquel e consegue o 6-0 e no 39 Noelia Montoro culmina o 7-0 a portería baleira atacando o Rayo con porteira-xogadora. No minuto 39 Ester mete o 7-1 en propia porta e remata o encontro cun Furacán Laranxa que continúa coroando a táboa clasificatoria sen sufrir unha derrota en toda a tempada ata o parón de Nadal.
A semana que vén preséntase dura pero motivadora, con 3 ou 4 partidos en 4 días nos que as discípulas de Julio Delgado competirán na FutsalWEC, en Vista Alegre, por ser nomeadas as mellores xogadoras de europa desta tempada ante SL Benfica, CF Marlène e Bitonto C5 Femminile. O próximo e último partido de liga da primeira volta desta tempada xogarase o día 7 de xaneiro ante o Viaxes Amarelle na Coruña.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF
Pescados Rubén Burela FS (7): Jozi Oliveira; Dany, Cilene, Irene Samper, Emilly -quinteto inicial-, Cami, Antía Pérez, Aroa, Rafinha, Patricia, Noelia Montoro, Ester (P). Entrenador: Julio Delgado.
Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF (1): Raquel; María Barcelona, Chili, Paula Llorente, Pitxi -cinco inicial-, M. de Diego, MArisa, Iraia, Peque, Montull (P). Entrenador: Emilio Céspedes
Goles: 1-0, min.4: Irene Samper. 2-0, min.21: Irene Samper. 3-0, min.33: Emilly. 4-0, min.34: Pitxi (PP). 5-0, min.37: Rafinha. 6-0, min.38: Dany. 7-0, min.39: Noelia Montoro. 7-1, min.39: Ester (PP)
Árbitros: Mayra Camila Araujo, José Manuel Carreira Romero, Sergio Piñeiro Rivas, Álvaro Cambeiro Lobato.
TA: Noelia Montoro, Raquel, Marisa.