Vilalba, 18 de decembro, 2023. O Concello de Vilalba celebra o domingo 31 de decembro a tradicional proba deportiva.
A partir das 16:30 horas na praza da Constitución: “A mellor maneira de rematar o ano, facendo deporte e compartindo unha tarde de hábitos saudables antes da cea e a festa”, asegura Paula Vigo, concelleira de Deportes de vilalba.
As inscricións de balde para todas as probas serán ata o 26 de decembro ás 23:59 na web: championchipnorte.com
As categorías, clasificacións e distancias a percorrer son as seguintes:
• Categoría mini: proba participativa mixta, nados entre 2020-2018, 150 metros.
• Categoría pitufos e pitufas: proba participativa mixta, nados entre
2017-2016, 300 metros.
• Categoría sub 10: proba participativa mixta, nados entre 2015-2013, 900 metros.
• Categoría sub 13: proba participativa mixta, nados entre 2012-2010, 1.800 metros.
• Andaina: proba participativa mixta, sen límite de idade, 2.000 metros.
• Categoría Absoluta: clasificación masculina e feminina, nados no 2009 e anteriores, 5.120 metros.