Site icon Crónica3.com A Mariña

Valoración do debate de orzamentos 2024 do PSdeG de Xove

Xove, 20 de decembro, 2023. Onte ás 19 horas celebrouse no concello de Xove un pleno ordinario, con un punto moi importante: a aprobación dos presupostos para o ano 2024. “O grupo Socialista de Xove, entendemos que é o pleno máis importante do ano, xa que os orzamentos é o proxecto político no que ten que reflectir como se van gastar os cartos dos nosos impostos durante o ano 2024.”

O grupo de Goberno presenta as contas previstas, e vemos que é un copia e pega do 2023, é dicir, que non hai nada novo, nada se fala ou nada se plantexa para desenvolver os proxectos que Xove necesita.

Por esta razón, a portavoz do PSdG-PSOE de Xove, Rogelia Mariña presentou un documento no cal se incluían tres enmendas(no capítulo de inversións); enmendas que adxuntamos e nas que expoñemos un plan a catro anos.

As mesmas, resúmense na posta en marcha de:

1.-Centro de día para os nosos maiores. Xove non pode telos nunha marquesiña de autobús ou nun local que non reúne as mínimas condicións.

2.-Escola infantil de 0-3 anos, é dicir, dotar a Xove dunha escola infantil acorde ao século XXI, e que fundamentalmente permita a conciliación laboral e familiar das novas parellas.

3.-Saneamento en todas as parroquias do concello: Actualmente só o casco urbán de Xove e unha pequena parte da Rigueira teñen o saneamento.
É moi necesario poñer en marcha un plan para dotar a todo o concello dunha rede de saneamento e tratamento dos residuos, e en especial, na zona costeira para preservar e poñer en valor a calidade das augas e das praias.

“Deixar claro que o anteriormente exposto son as nosas propostas, as que faríamos se nos tocase gobernar”.

“O equipo de goberno do PP eexeitounas sen prácticamente ter nada alternativo, todo son excusas e saídas pola tanxente”.

“Co Centro de Día, dicen que están pensando en habilitar no edificio que hai a entrada de Palmeiro, sen concretar, queren apartar aos nosos maiores do centro de Xove”.

“Da escola infantil, dicen que non hai protestas, cando teñen aos nenos en aulas que parecen zulos e sen servizo de comedor e nun edificio inapropiado.Fai falla ter protestas para dotar (co presuposto que temos no concello) aos máis pequenos dun espazo amplo,luminoso e axeitado?”.

“En canto ao saneamento entenden que o mellor son fosas sépticas indivuais e baleiralas cando as teñen cheas. Este é o concepto que ten o P.P. de como coidar o medio ambiente e a contaminación, tanto das aguas subterráneas como das fluviais e tamén das nosas praias”.

Estes orzamentos foron aprobados con 7 votos a favor do PP, 3 abstencións do BNG e 1 voto en contra do PsdG-PSOE.

“Votamos en contra por entender que un ano máis este Goberno do PP nada aporta por mellorar Xove, como xa dixemos é máis do mesmo, que leva así 16 anos, no cales nada se fixo novo en Xove e nada se vai facer”.

Exit mobile version