Lugo, 7 Decembro, 2023. Varias persoas resultaron feridas no día de hoxe tras producirse unha colisión entre tres vehículos na N-640, no quilómetro aproximado 86, en Lugo.
Segundo a información facilitado ao 112 Galicia por parte dun particular ás 12:45 horas, tres vehículos chocaron cando circulaban pola parroquia de Rutis. De acordo co seu relato, malia que os implicados no accidente atopábanse liberados e accesibles, algúns deles necesitaban asistencia sanitaria.
Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Lugo e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Con todo, algúns implicados no accidente tiveron que ser trasladados ao centro hospitalario de referencia.