Un camión chocou contra un dos postos do mercado gandeiro de Becerreá, ferindo a un home
redac
Un dos alertadores sinalou que o implicado perdeu a consciencia. Foi un particular quen deu aviso ao 112 Galicia pasadas as 8:30 horas desta mañá: un camión estaba a manobrar no campo da feira de Becerreá cando chocou contra un dos postos, provocando a caída dunha das persoas que se atopaba no lugar. Ademais de resultar ferido, un dos alertadores engadía que o home perdera a consciencia. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico.