O vindeiro luns 18 de decembro será a quenda do alumnado do CEIP de San Miguel de Reinante
A aula CeMIT de Barreiros está a facilitar o encontro con Papá Noel a través de videoconferencia para que o alumnado de infantil dos colexios de Barreiros poida falar con esta querida personaxe do Nadal.
O vindeiro luns, día 18 de decembro, ás 12.30 horas será a quenda do alumnado de infantil do CEIP de San Miguel de Reinante que, a través da conexión que se establecerá coa casa de Papá Noel en Laponia, as nenas e nenos poderán facer as súas peticións de Nadal, solicitar os seus agasallos en directo e facerlle preguntas de curiosidade a Papá Noel.
O obxectivo desta actividade, que conta con un gran interese entre a comunidade educativa, reside en establecer una comunicación cara a cara con Papá Noel e que os nenos e nenas de Barreiros, poidan falar e interactuar con el a poucos días de noiteboa, cando se atenden todas as peticións de regalos do mundo.
Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT buscar transformar as aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen este tipo de espazos de comunicación, formación e tecnoloxía.