Site icon Crónica3.com A Mariña

O Resu presenta o cartel de 2024 con, entre outros, Alice Cooper e Offspring

Viveiro, 15 de decembro, 2023. Por fin está aquí. O gran anuncio de cartel de Resurrection Fest Estrela Galicia 2024 chegou cun dos line ups máis grandes e ambiciosos que o festival xamais tivese. Un total de oitenta e nove bandas súmanse ao primeiro anuncio do capítulo XIX de Resurrection Fest Estrela Galicia. Más de sesenta delas xamais actuaron no festival e dezasete xamais visitaron o noso país. Un anuncio con moitos dos máis grandes nomes do metal, do punk, do rock e do hardcore a nivel mundial repartidos nos seus catro escenarios.

Unha das bandas máis demandadas polos fans do festival ao longo da súa historia: os americanos Avenged Sevenfold estarán por fin en Viveiro. M Shadows e os seus descargarán un dos concertos máis espectaculares que hai hoxe en día no mundo sobre o Main Stage do festival galego. Éxitos como “Nightmare”, “Hail To The King” ou “Afterlife” soarán en Viveiro por vez primeira no que promete ser un dos concertos máis memorables da historia do festival.

Os ingleses Bring Me The Horizon serán outros das grandes cabezas de cartel de Resurrection Fest Estrela Galicia. Os de Sheffield son unha das bandas máis amadas polos fans do festival e sen dúbida darán un dos concertos máis memorables da futura edición do festival.

Os canadenses Sum 41 son tamén una das bandas máis queridas polos fans do festival. Na súa xira de despedida, a banda non quixo separarse sen actuar en Resurrection Fest Estrela Galicia. Sen dúbida unha oportunidade única para despedirse dunha das bandas que máis marcaron aos fans do punk rock no século XXI. “Fat Lip”, “The Hell Song”, “In Too Deep” ou “Still Waiting” farán botar ás decenas de miles de persoas que gozarán dun dos últimos concertos da historia da banda.

Alice Cooper, unha das lendas máis grandes da historia do hard rock e o heavy metal é outro das grandes cabezas anunciados hoxe. Toda unha lenda da cultura popular que traspasa estilos e fronteiras estará na vila lucense. Un novo fito por parte do festival que volve situar Galicia como un dos epicentros do rock, do metal e do punk a nivel mundial.

A banda de punk rock estadounidense máis popular da historia estará en Viveiro este ano. The Offspring é outro das grandes cabezas de cartel de Resurrection Fest Estrela Galicia 2024. Dexter Holland, Noodles e o resto da banda californiana estarán en Galicia para facer corear a miles de fans con grandes éxitos como “Self Esteem”, “The Kids Aren’t Alright” ou “Americana” soarán este ano moi alto no Main Stage.

Outra das bandas máis grandes do thrash e o groove metal estarán en Resurrection Fest Estrela Galicia por primeira vez na súa historia: os norteamericanos Machine Head, unha das bandas máis demandadas por parte do público do “Resu” non se quixeron perder a maior cita co metal e o rock de todo o país. Será o primeiro festival no que actuarán no noso país desde 2012 e traerán toda a súa produción completa para facer as delicias dos seus fans.

Dave Mustaine é outra das grandes figuras do metal a nivel mundial e volveranos a visitar xunto a Megadeth en 2024. Unha das bandas máis grandes da historia do metal foi anunciada hoxe tamén polo festival galego. Todo un privilexio ter a unha das catro grandes bandas do thrash metal.

Bruce Dickinson, o cantante de Iron Maiden non necesita presentación. Virá co seu último disco en solitario “The Mandrake Project” debaixo do brazo. A volta do inglés a Galicia é un dos acontecementos do ano para toda a comunidade fan do metal en España, xa que hai 22 anos do seu último concerto no noso país.

Unha das máis grandes bandas do metalcore do mundo, Bad Omens, tamén actuarán no Main Stage de Resurrection Fest Estrela Galicia en 2024. Será a súa primeira visita a España pero sen dúbida que o seu concerto encantará aos miles de fans que cada ano piden a súa inclusión neste cartel.

Outro líder que nos visitará este ano será Corey Taylor presentando o seu último disco “CMF2”. O americano visitounos cos seus outros proxectos Slipknot e Stone Sour. Esta vez farao en solitario co mellor de toda a súa carreira. Outra das grandes @estrella do metal a nivel mundial non quixo perderse o mítico festival.

Tras os seus recentes sold outs en Barcelona e en Madrid, as xaponesas BABYMETAL estarán en Resurrection Fest Estrela Galicia por primeira vez. As miles de persoas que esgotaron as súas entradas esta mesma semana en España dan conta do enorme espectáculo do que son capaces. A banda promete traer un espectáculo aínda maior para Resurrection Fest Estrela Galicia.

Electric Callboy son unha das bandas máis queridas polo público de Resurrection Fest Estrela Galicia. Unha das bandas máis en forma do metalcore europeo é outra das bandas que forman este anuncio. Os rusos Slaughter To Prevail, liderados por Alex Terrible, son outra das bandas confirmadas. Sen dúbida, un dos maiores expoñentes do deathcore a nivel mundial e cun dos directos máis brutais.

As lendas do heavy metal alemán Accept estarán por primeira vez en Viveiro tras case 50 anos de carreira. Unha das bandas nadas en Europa máis grandes do heavy metal son outro dos grandes nomes do anuncio feito polo festival galego. Fear Factory, estandartes do metal industrial, regresan nove anos despois ao Resurrection Fest Estrela Galicia.

Os neerlandeses Delain son unha das maiores bandas de metal sinfónico do mundo. Outros das grandes bandas que se apuntan á cita galega co metal. Os que tampouco lla quixeron perder son Sôber son a súa xira de 30 aniversario no que tamén farán un repaso aos seus mellores temas de Zume e Skizoo.

Os finlandeses Finntroll traerán o seu folk metal a Resurrection Fest Estrela Galicia 2024 como traerán o seu metalcore os xaponeses Crystal Lake. Quen puido verlles en directo poden asegurar da potencia do seu directo. Unha banda moi amada polos fans do festival.

Completan a programación do Ritual Stage Counterparts, Imminence, Shadow Of Intent, Hanabie, O Reno Renardo, Solence, Ankor, Jiluka, Lovebits, Urne, Crypta , Heriot, Sanguisusabogg, Ithaca , Gnosis, Nakkeknaekker, Noctem, Rise to fall, Teksuo , Bolu2 Death , Donuts Hole, Fallen At Dawn, Perpetual e Balmog.

Neste grandísimo anuncio de bandas tamén trouxo grandísimos nomes internacionais e nacionais ao Chaos Stage. Nomes como Biohazard, quen actuará coa súa formación orixinal en Resurrection Fest Estrela Galicia 2024. Os canadenses Comeback Kid unha das bandas máis queridas polos amantes do hardcore volve ao que é un dos seus festivais favoritos.

As lendas do hardcore punk neoyorkino Cro-Mags estarán no festival tras non poder facelo na cancelada edición de 2020. O dúo inglés Bob Vylan e a súa proposta afiada con elementos do punk e o hip hop son outro dos grandes nomes do Chaos Stage para o próximo 2024.

Lendakaris Mortos, unha das bandas de punk rock máis importantes do país estarán a presentar o seu novo disco en Resurrection Fest Estrela Galicia. Os americanos Scowl, liderados por Kat Moss, demostrarán co seu directo por que son un dos grandes nomes do novo hardcore a nivel mundial.

O Chaos Stage tamén contará cos confirmados Drug Church, Sons Of Aguirre & Scila, Speed Death Before Dishonor, Zulo, Rolo Tomassi, Harm’s Way, Judiciary, A Inquisición, Future Palace, Me Fritos & The Gimme Cheetos, The Black Panthy’s Party, Proudz, Bellako, Frankture, Astray Valley, Aneuma e Death & Legacy.

O Desert Stage tamén confirmou os seus primeiros grandes nomes para a próxima edición de Resurrection Fest Estrela Galicia 2024. Os suecos Graveyard ofrecerán un concerto antolóxico cheo de éxitos. Unha das bandas máis importantes do hard rock / stoner do mundo estará a encabezar o xa mítico cuarto escenario do festival. Unha das bandas máis míticas para os fans dos sons desérticos, Corrosion Of Conformity, estarán no festival demostrando por que son cabezas de serie do seu xénero desde 1982.

Matt Pike e os seus High On Fire tamén visitarán por vez primeira o Desert Stage e Galicia. Unha das bandas máis amadas por todos aqueles que creceron con Black Sabbath e números uno do seu xénero a nivel mundial. Tamén os ingleses Maybeshewill demostrarán por que son un das bandas máis importantes de post rock a nivel mundial.

Completan a programación anunciada do Desert Stage bandas como Twin Amorne, Dool, Royal Thunder, Nashville Pussy, Green Lung, Bokassa, Winterfylleth, Khemmis, Heretoir, Mol, Hexis, The Lizards, A Escavadora, Sandford Music Factory e The Electric Alley.

No seu decimonovena edición, Resurrection Fest Estrela Galicia volverá contar co apoio e participación de Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e do Concello de Viveiro. Unha axuda inestimable para que o festival sexa, un ano máis, un dos máis grandes festivais do país e toda unha referencia a nivel mundial.

Estrela Galicia volverá estar presente como principal patrocinador privado. A marca galega leva presente no festival desde a súa primeira edición e volverá ser un activo importantísimo na experiencia de todo o público.

O próximo 26 de xuño de 2024 arrinca Resurrection Fest Estrela Galicia: Chapter XIX A New Dimension. Catro días de festival cos catro escenarios funcionando coa súa produción completa desde o mércores 26. Más de cen bandas nun recinto totalmente tematizado. Nunha contorna paradisíaco en metade da natureza, unha gastronomía incrible e un clima inigualable. A experiencia total Resurrection Fest Estrela Galicia volverá celebrarse os próximos 26, 27, 28 e 29 de xuño en Viveiro, Lugo, Galicia.

Tras unha primeira saída á venda previa ao anuncio do line up no que as entradas se esgotaron en apenas unhas horas, o vindeiro luns 18 de decembro ás 13h poñeranse á venda o resto de abonos para a edición de 2024 de Resurrection Fest Estrela Galicia a través da súa páxina web www.resurrectionfest.es

Exit mobile version