Site icon Crónica3.com A Mariña

O restaurante El Oviedo de Ribadeo organiza unha cea concerto

Será o venres, 15 de decembro, con Ramón Orencio, máis coñecido polo nome artístico de Mr. Cool, que traerá ata Ribadeo unha das últimas citas da súa xira de outono 2023. A cea, cun menú único deseñado polo equipo do restaurante para a ocasión, terminará coa actuación do popular músico santiagués, que baseará o seu repertorio en clásicos interpretados desde o seu particular punto de vista artístico, que conxuga o blues, o jazz e o gypsy jazz. A cita é ás 21:30, e terá un prezo total (cea + concerto) de 43€. As prazas son limitadas e con reserva previa.

Exit mobile version