O voceiro popular pide a Cajoto “que deixe de insultar á intelixencia de todos os veciños de Foz” e permita que entre todos se chegue a unha solución de consenso para dar unha solución axeitada para todos os afectados
Javier Castiñeira sinala que “se non tiñamos pouco coas subas de impostos absolutamente desproporcionadas do pasado ‘xoves negro’” agora vemos como todos os usuarios do servizo de abastecemento de auga municipal recibimos unha carta na que o señor Cajoto e a concesionaria do servizo comunican que “van a bonificar no próximo recibo uns 60 céntimos de euro”. “Iso é o que se entende porque din que van a compensar reducindo un 10% da cota fixa”, explicou.
A cota fixa que pagan os veciños de Foz é de 6€, polo que se reducen 60 céntimos. “Unha auténtica vergonza e un insulto á intelixencia de todos os focenses”, denuncia.
O voceiro popular di que “se pensan que con 60 céntimos van a compensar todas as molestias que sufriron os veciños e empresarios do municipio están a faltar á intelixencia de todos os veciños”.
Ante esta situación, dende o Partido Popular de Foz afirman que seguimos ao carón dos veciños para defendelos polo tanto pedimos a convocatoria dunha comisión de seguimento para, entre todos, valorar, cal vai a ser a compensación. “Do contrario, ante as reiteradas negativas do equipo de goberno, iremos ao Valedor do Pobo para defender a todos os veciños de Foz deste absoluto atraco”, anunciou.
Se a finais de ano soben os impostos argumentando que subiron moito os prezos, á hora de bonificar fan absolutamente o contrario, “vanse aos mínimos posibles”. Hai veciños que tiveron máis de 700€ de recibo de auga e 60 céntimos son uns poucos litros de auga.
“Non é que non compensen os custes de tanto tempo sen poder usar a auga e ter que mercala no supermercado durante máis de 50 días, se non que é unha auténtica vergoña que o alcalde de Foz veña con estas contas” denunciou Castiñeira, ao que engadiu que “dende o Partido Popular seguiremos a denunciar os atracos que lle está a meter á cidadanía neste final de ano”.