Castiñeira indica que “é necesario que todos os afectados que non estean de acordo con esta suba das taxas mostren o seu desacordo presentando as alegacións oportunas para evitar que ese ‘xoves negro’ se transforme nunha suba de impostos no vindeiro ano”
Ante esta situación, o voceiro popular en Foz, Javier Castiñeira, explica que “poñémonos á disposición de todos os afectados para brindarlles o asesoramento que precisen para presentar alegacións”. “É necesario que todos os afectados que non estean de acordo con esta suba das taxas mostren o seu desacordo presentando as alegacións oportunas para evitar que ese ‘xoves negro’ se transforme nunha suba de impostos no vindeiro ano”, sinalou.
“Agardamos que coas alegacións dos veciños de Foz o equipo de goberno recapacite xa que non o quixeron facer cando o pedimos dende o Partido Popular”, recordou Castiñeira, ao que engadiu que “xa no seu momento pedimos que deixaran as ordenanzas sobre a mesa e as consensuaran cos sectores afectados, pero non o quixeron facer e agora a última vía que lle queda aos afectados é a administrativa presentando as alegacións”.
Un dos casos máis coñecidos é o da suba da ordenanza das terrazas no que “o señor Cajoto “demostrou moi pouca capacidade de diálogo” pero “insistimos en que agardamos que recapaciten e fagan caso aos afectados, sectores importantes como o da construción ou da hostalería”.