Gómez Puente tamén incide nas deficiencias que aprecia nas obras en marcha nas praias de Valea e Arealonga porque nesta última quedará en servizo un único aseo dos tres que tiña fai anos e tamén foron reducidas a metade da praza de aparcamento
O portavoz, José Manuel Gómez Puente, explica que se tratan do acceso á praia de San Bartolo, así coma a mellora da praia de Altar onde as edificacións corren risco de verse afectadas polas subidas da marea”.
Ademais, en relación ás actuacións que defenderon os representantes do Goberno central e do goberno municipal nas praias de Valea e Arealonga, o popular detecta tamén deficiencias.
Por unha banda, Gómez Puente explica que “o paseo da praia de Arealonga, de practicamente 1 km de distancia, contará tralas actuacións con unicamente un aseo; mentres que antes tiña 3”. Polo tanto, advirte que “este recorte suporá un prexuízo para os usuarios e usuarias”, especialmente, para “a zona oriental” onde “lamentamos que non se acometan obras para dotar dun aseo a esa parte”.
E, por outra banda, subliña o popular a carencia de aparcamentos. “Cando rematen as obras, os usuarios verán como desapareceron a metade das prazas de estacionamento”, lamenta.
Así, o voceiro popular condena que “o Goberno central e local non resolvan cuestións importantes para Barreiros como o acceso a outro areal ou mellorar a seguridade noutro” e que, ademais, nas actuacións en marcha non contemplaran suficientes servizos como son os aseos ou as prazas de aparcamento. “Trátase de deficiencias que afectan directamente aos veciños e tamén aos negocios que reciben moitos visitantes en temporada alta”.