Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela segue sumando

Burela, 9 de decembro, 2023. Esta tarde ás 18.45h no pavillón municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 12ª xornada da Segunda División de Futsal, Pescados Rubén Burela FS – Oleoinnova Mengíbar FS, con arredor de 700 espectadores e retransmitido por streaming a través de a páxina web e canle de Youtube do club de fútbol sala laranxa. O conxunto laranxa logrou puntuar unha xornada máis manténdose en cuarta posición na táboa a un punto de O Parrulo Ferrol, nunha tempada moi competida na Segunda División de Futsal.

Comeza o partido cun “Uy!” que ecoa en Vista Alegre na primeira xogada, e marcando a dinámica da primeira parte, na que ningún dos dous equipos logra puntuar aínda que si xerar oportunidades, especialmente o equipo local, que foi superior durante todo o encontro presionando durante os 20 minutos pero atopándose cunha moi boa defensa do equipo visitante. Entre outras, unha das máis claras, un disparo de Lucho no minuto 17 que desvía Jorge tras un pase longo de Isma desde o campo contrario. Tras o saque de esquina, Malaguti volve tentalo cun disparo certeiro que volve atoparse co porteiro do equipo rival.

Na segunda parte o Pesados Rubén Burela FS continúa con bo ritmo, a pesar da expulsión con vermella directa a Álex García no minuto 21. No 25 Charly dispara a portería rozando o pau tras un pase de Nico Rosental e no 28 volvemos poñernos en pé ante un tiro de Lucho con asistencia de Malaguti, que sae fóra. E por fin chega o primeiro tanto do encontro no minuto 30, Ismael aproveita un rexeite tras un saque longo de Michal. No 34 o Mengíbar comeza a presionar con porteiro-xogador, pero no mesmo minuto, de novo, o cordobés volve aparecer nun contragolpe tras ou pase de Lucho anotando o 2-0. Continúa a presión con xogo de 5 pero non é fácil bater á mellor defensa da Segunda División e no minuto 39 chega o 3-0 cun gol de Isma a porta baleira.

Na próxima xornada o Burela vivirá un dos encontros máis complicados da tempada, ante o Sala 5 Martorell en terras catalás, unha cancha moi complicada na que esperan poder continuar puntuando e afianzando a posición nos postos altos nesta primeira volta.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Oleoinnova Mengíbar FS

Pescados Rubén Burela FS (): M.Kaluza; Lucho, Quelle, Isma, Malaguti -quinteto inicial-, Nico Rosental, Alberto, Flethes, Álex García, Charly, Ismael, Iago López, Mika, Unai.

Oleoinnova Mengíbar FS (): Jorge; Ureña, Colacha, Tortu, Miguelao -quinteto inicial-, Luque, Ruano, Puerma, D.Martín, Álex Lérida, Karim, José Gómez e Isma Vacas.

Goles: 1-0, min.30: Ismael. 2-0, min.34: Ismael. 3-0, min.39: Isma.

Árbitros: Francisco Javier Marazuela Hernando, Sergio Toral Heredia, Óliver Cardero Rodríguez, Patricia Doval Rodríguez.

TA: Charly, David Rial, Isma, Jorge, Ureña, Luque, Tortu (doble), Antonio Arenas (doble), José Gómez, Asensio Moreno.

TR: Álex García.

Exit mobile version