Comeza o encontro costa arriba para as mariñás, ante un Bitonto que aperta dende o primeiro segundo. O primeiro tiro a porta do Burela non é ata o minuto 6, nunha ocasión moi clara de Cami que fusila á escuadra pero que desvía a porteira italiana. Grandísima primeira parte de Castagnaro que aínda que o Burela non xerou todas as ocasións ás que nos ten afeitos, eran ocasións bastante certeiras das que a maioría conseguiu sacar a porteira italiana. No minuto 7 chega o primeiro gol do encontro cun disparo esquinado de Grieco. No 11 o segundo do Bitonto cun disparo da capitá Lucileia tras unha elegante deixada de tacón de Tampa. De novo no 11 paradón de Caridad tras un tiro moi próximo de Tampa con asistencia de Lucileia tras un pase longo da porteira, e no 13 o 0-3 de Renatinha nun descoido de Caridad que lla pasa directamente á xogadora rival. Tras varias oportunidades do Pescados Rubén, no minuto 15 un paradón de Castagnaro a un disparo de Emilly, outro disparo que roza o segundo pau de Irene Samper e de novo Emilly no 26 que dispara á cruceta. Chega o descanso co marcador do Pescados Rubén sen goles, 0-3.
No segundo tempo o Burela móstrase máis esperto, comeza presionando cunha primeira oportunidade clara de Patricia que detén de novo Castagnaro. 0-4 no minuto 25 cun gol de Mansueto tras unha boa transición. Chega o primeiro gol do conxunto local segundos despois, cun disparo potentísimo de Patricia coa zurda. No minuto 26 saímos con xogo de 5 con Cilene de porteira-xogadora e no 27 chega o 1-5 cun gol de Diana a portería baleira. Segundos despois Emilly consegue rascar o 2-5 coándolla a Castagnaro cun derechazo raso e de novo no 32 a mesma Máquina Marcondes, con asistencia de Rafinha desde a liña de fondo. Varias oportunidades para o Burela suceden nos últimos minutos, con xogo de 5, pero non conseguen remontar o resultado quedándose ás portas do campionato.
Desde o club damos parabén aos equipos que pasaron á final, tanto o Bitonto C5 Femminile como o SL Benfica, e desexámoslles moita sorte para a tarde de mañá en Vista Alegre, alí estaremos!
Todos os partidos da FutsalWEC poden verse en directo por streaming (prepartido, partido e postpartido) a través desta ligazón (Locutados polo noso habitual Miguel Albo, coa especial colaboración de David Rial, adestrador do equipo masculino do Peixes Rubén Burela FS. Tamén lles acompaña Joaquín Vázquez): https://futsalwec.com/directo/
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Bitonto C5 Femminile
Pescados Rubén Burela FS (3): Caridad; Cami, Irene Samper, Patricia, Emilly -quinteto inicial-, Dany, Cilene, Antía Pérez, Aroa, Rafinha, Noelia Montoro, Jozi Oliveira. Entrenador: Julio Delgado.
Bitonto C5 Femminile (5): Castagnaro; Tampa, Diana, Renatinha, Lucileia -cinco inicial-, Nicoletti, Pezzolla, Trumino, Grieco, Divincenzo, Mansueto, Pernazza.
Goles: 0-1, min.7: Grieco. 0-2, min.11: Lucileia. 0-3, min.13: Renatinha. 0-4, min.25: Mansueto. 1-4, min.25: Patricia. 1-5, min.28: Diana. 2-5, min.28: Emilly. 3-5, min.32: Emilly.
Árbitros: Darriba Rivas, Vilas López, Díaz Marey y Fernández Dacosta.
TA: Rafinha, Noelia Montoro, Julio Delgado, Gianluca Marzuoli.