Con dobrete de Malaguti, o conxunto de David Rial case se leva o encontro a falta de 20 segundos do final
Burela, 22 de decembro, 2023. Esta tarde ás 16.30h no pavillón municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 14ª xornada da Segunda División de Futsal, Pescados Rubén Burela FS – Levante UD FS, cun resultado final 3-3. Último partido antes do parón de Nadal, quedando un dos encontros máis complicados para xaneiro ante o UMA Antequera, o primeiro clasificado. Polo seu lado, o Levante UD FS atópase no medio da táboa, é un equipo moi competitivo que soubo aproveitar as ocasións neste encontro, empatando o partido no último a falta de 20 segundos ante un Burela que dominou practicamente a totalidade dos 40 minutos. Un partido especial por ser o último antes de Nadal, pero tamén por ser teloneiro da Gran Final da FutsalWEC, campionato europeo da categoría feminina que se disputou do 19 ao 22 de decembro en Vista Alegre. Tamén se organizou unha recollida de alimentos e jueguetes en colaboración coa Cruz Vermella.
Na primeira parte o Burela móstrase espléndido, con moi bo xogo, control do balón e numerosísimas oportunidades. No minuto 4 Álex García dispara desde os 10m e un Raúl Jiménez moi vido arriba neste partido frustra o intento de gol do xogador catalán. No minuto 7 Michal sorpréndenos percorrendo tres cuartos de pista pola banda e cun lanzamento directo que desvía de novo Raúl. No 13 xérase outra oportunidade clarísima nun saque de córner moi rápido de Alberto que remata Quelle por encima do traveseiro. Por fin chega o primeiro gol despois de numerosos intentos, no minuto 15, cun elegante xiro de Malaguti que remata entre os paus. Chega o descanso 1-0 no marcador.
No segundo tempo o Levante comeza a dar máis guerra, pero o Pescados Rubén, aínda que non tan fino como na primeira parte, fai fronte a un rival que busca os tres puntos que necesita para escalar posicións fóra de casa. No minuto 22 Malaguti volve tentalo con dous intentos consecutivos, senllas paradas de Raúl Jiménez, e remata aproveitando o rexeite final que vai ao pau. Comeza a apertar o Levante durante os primeiros minutos. No minto 25 chega o empate cun gol de Nacho Parreño tras un saque de esquina e no 33 o segundo do conxunto visitante tras unha falta de Michal na área que se traduce nun penalti que mete Peléh pola escuadra. Pero tres minutos de xogo despois Lucho consegue o empate cun potente zurdazo. Pouco despois, no minuto 38, Malaguti adianta o marcador 3-2 cun remate dun córner. O equipo levantino saca o porteiro xogador con Pablo García e a mellor defensa da 2ª división ponse as pilas, pero a 20 segundos do final do encontro Pedrito logra enchufarla e consegue o empate, non deixando marxe de tempo ao equipo mariñán para volver poñerse por diante e conseguir os tres puntos. Remata o encontro 3-3 e o Pescados Rubén Burela FS consegue o seu sexto partido de liga invicto, importante para manterse nos postos máis altos da táboa.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Levante UD FS
Pescados Rubén Burela FS (3): M.Kaluza; Lucho, Isma, Á. García, Malaguti -quinteto inicial-, Quelle, Nico Rosental, Alberto, Flethes, Charly, Ismael, Mika.
Levante UD FS (3): Raúl Jiménez; Mario Cárceles, Nacho Parreño, Pablo García, Peléh -quinteto inicial-, Caye, Juli, Pedrito, Mauro, Juanico, Nonato, Pau.
Goles: 1-0, min.15: Malaguti. 1-1, min.25: Nacho Parreño. 1-2, min.33: Peléh, de penalti. 2-2, min.36: Lucho. 3-2, min.38: Malaguti. 3-3, min.39 Pedrito.
Árbitros: Adrián Calleja Rubio, Gael García Schmid, Javier Menéndez Nistal, Patricia Doval Rodríguez.
TA: Alberto, Tulio García, Michal Kaluza, Mika, Charly, Ismael, Nacho Parreño, Caye, Carlos Márquez, José Luis Martínez Moreno (AA), Pablo García.
TR: Jose Luis Martínez Moreno (AA)