Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio no IES Monte Castelo

Participarán os ex deputados Vidal Martínez-Sierra López e Carlos Fernando Branco Parga. As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que o alumnado poida coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia. Os/as exparlamentarios/as explican as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan ás preguntas do público asistente. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia. Será este martes, 5 de decembro, ás 10h.

Exit mobile version