Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ministerio de Industria e Turismo convocará a comisión de seguimento de Alcoa para analizar o impacto dos cambios no plan de investimentos anunciados pola empresa

Desde que esta mañá a dirección de Alcoa España anunciase o aprazamento do investimento no forno de cátodos, o Ministerio de Industria e Turismo mantivo contactos coa empresa e o Comité de Empresa para analizar o impacto desta medida na viabilidade da empresa e o cumprimento dos acordos alcanzados en 2021

Madrid, 4 de decembro de 2023. O Ministerio de Industria e Turismo está en contacto coa empresa Alcoa e cos representantes sindicais, tras coñecerse na mañá de hoxe a decisión da empresa aprazar a construción dun forno de cocción de ánodos na planta de San Cibrao.

Unha vez coñecida a decisión da empresa, o Ministerio de Industria e Turismo decidiu convocar proximamente a comisión de seguimento de Alcoa para analizar, xunto á representación da empresa e os sindicatos, o impacto desta medida.

Para o departamento que dirixe o ministro Jordi Hereu, a prioridade é garantir o futuro da actividade produtiva e o mantemento do emprego na planta de San Cibrao, de conformidade cos compromisos adquiridos cos traballadores, e que se asegure a viabilidade esta planta.

Exit mobile version