Barreiros, 12 de decembro, 2023. O Concello de Barreiros continúa o ciclo de teatro afeccionado coa representación de “Aire fresco” a cargo do grupo cervense Ardora Teatro.
Trátase dunha comedia apta para todos os públicos na que o seu autor, Francisco Piñeiro, trata de poñer o foco sobre os problemas comúns, que todos e todas temos na cotiandade, pero tenden a ser invisibilizados tras a crise provocada pola covid.
A representación terá lugar este sábado, 16 de decembro, ás 19.00 no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros con entrada de balde ata completar aforo.
O ciclo de teatro está enmarcado no circuíto de teatro afeccionado que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.