Ribadeo, 15 de decembro de 2023. Acisa felicita ao Ferrado Marelo, que foi recoñecido pola clientela como O mellor comercio da túa vila en Ribadeo, na campaña organizada pola Federación de Comercio de Galicia co apoio da Deputación de Lugo.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, foron os encargados da entrega do premio a Patricia Pérez, que recibiu os votos na web do concurso por parte dos clientes que fixeron as súas compras en Ribadeo dende o 14 de novembro o 7 de decembro. O acto tivo lugar na tarde de onte no Pazo de San Marcos en Lugo.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo tamén felicita ás clientas que foron premiadas nesta campaña: “queremos dar tamén a nosa noraboa a Blanca Rañón, gañadora dunha tarxeta regalo de 300 euros, por unha compra realizada en Bimba; e a María José Leal Travieso e Cristina González Fernández, gañadoras de sendas tarxetas de 150 euros, por compras realizadas en O Ferrado Marelo e Siñeiro Hogar. As tres, clientas do comercio ribadense, animáronse a concursar nesta campaña”.