Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este xoves en Vilalba na tradicional Feira do Capón, onde afirmou que esta cita “forma parte dos mellores reclamos para atraer visitantes a este concello e para fomentar o contacto entre os consumidores e os produtores locais”

Arias gabou o traballo dos criadores e criadoras, que puxo como exemplo “do saber facer tradicional para ofrecer un produto cunha calidade diferenciada que favorece a súa competitividade no mercado”. Tamén afirmou que a Xunta impulsa diferentes campañas en toda a Comunidade para fomentar o consumo de produtos galegos de proximidade e amparados por certificacións de calidade, como é o caso das Indicacións Xeográficas Protexidas.

Exit mobile version