Arias gabou o traballo dos criadores e criadoras, que puxo como exemplo “do saber facer tradicional para ofrecer un produto cunha calidade diferenciada que favorece a súa competitividade no mercado”. Tamén afirmou que a Xunta impulsa diferentes campañas en toda a Comunidade para fomentar o consumo de produtos galegos de proximidade e amparados por certificacións de calidade, como é o caso das Indicacións Xeográficas Protexidas.