Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa que dos catro efectivos previstos no cuadrante deste domingo, 10 de decembro, no Parque de Bombeiros de Viveiro, só se incorporaron dous, incumpríndose así os servizos mínimos

No Parque de Bombeiros de Vilalba incorporáronse tres traballadores, pero un deles ausentouse para ir ao médico, quedando así tamén dous efectivos. Ante esta situación, e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio comunicou xa ao servizo 112 que os dous efectivos de Viveiro desprazáronse a Vilalba para prestar servizo na xornada de hoxe, e que as incidencias do parque viveirense atenderanse dende Vilalba e Barreiros.

Exit mobile version