O titular de Mar celebrou este xusto recoñecemento ao pósito e enxalzou o seu compromiso e os 100 anos de traballo desta entidade na defensa dos profesionais do sector e do porvir da súa actividade. Louvou a traxectoria da confraría máis antiga da provincia de Lugo e o labor dos 18 patróns maiores que van desde o primeiro en 1923, Bonifacio Cora, Pañoletas, ata Domingo Rey Seijas que lidera a confraría na actualidade.