Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro presentoua Fase Previa dos Campionatos de España de Seleccións autonómicas de Fútbol Sala sub19 e sub16 masculinas

Viveiro, 20 de decembro, 2023. O Concello de Viveiro presentou hoxe a Fase Previa dos Campionatos de España de Seleccións autonómicas de Fútbol Sala sub19 e sub16 masculinas.

Participaron na presentación a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín; o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Cadramón; Claudia Pons, seleccionadora de España en fútbol sala feminino, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto.

Viveiro será, xunto con Burela, unha das sedes deste evento entre o 26 e o 30 de decembro.

“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes de Viveiro, Eleazar José Rodríguez Abuín.

As seleccións galegas mediranse nesta primeira fase aos combinados de Madrid, Cataluña, Canarias e Ceuta.

Exit mobile version