En concreto, o Concello de Burela recibiu á escritora Antía Yáñez; o creador de Grande Amore, Nuno Pico; a artista multidisciplinar, Artemisa Semedo, e a Miss Galicia +30, María Luz López.
“Para nós é unha honra facer este tipo de recepcións, con veciños e veciñas de Burela que saen da nosa vila para ter unha bagaxe destacada e representarnos en calquer lugar do mundo. É un pracer telos na Casa do Concello e ter este detalle con eles. Ademáis temos pensado colaborar con eles para diferentes proxectos, porque cremos que o seu talento debe seguir potenciando e promocionando Burela”, indica Mario Pillado, tenente de alcaldesa.
Carmela López, alcaldesa, apunta pola súa parte que “é a nosa obriga como representantes do concello a de rendir homenaxe e trasladar o orgullo que sentimos de que persoas como Antía, Nuno, Artemisa ou Luz leven o nome de Burela como bandeira. Queremos que se sintan valorados na súa casa e tenderlles a man para posibles colaboracións”.
Antía Yáñez comezou escribindo literatura infantil, pero entre as súas novelas destacan ‘Senlleiras’ e ‘Non penses nun elefante rosa’, que tivo gran éxito de crítica e público.
Nuno Pico xa formara parte doutros grupos cando creou Grande Amore, en principio en solitario e agora acompañado por Maríagrep e Clara. Están tendo un gran percorrido por todo o estado co seu punk electrónico e en 2024 conta con facer concertos ata en Bélxica.
Artemisa Semedo é unha artista total cun gran compromiso social. Xa sexa no teatro ou na poesía sempre ten claro o seu compromiso co feminismo e contra o racismo.
María Luz López é unha muller de Burela que con 71 anos presentouse a un certame de beleza para maiores de 30 anos como entretemento nunha fin de semana e atopou nese eido unha forma de expresarse e defender a diversidade e igualdade de oportunidades, independentemente da idade en calquer ámbito da vida.