Con estas obras, a rúa Portelo verá mellorada tamén a súa accesibilidade e o conxunto de servizos, e a nova estación de bombeo na zona de Ril servirá para solucionar os problemas medioambientais
A primeira obra, a da mellora da rúa Portelo, ten un importe de 34.506,30 euros. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, destaca que “a rúa estaba bastante deteriorada, e agora pasará a contar con todas as beirarrúas renovadas e cunha mellora da accesibilidade”. Cambiaranse os servizos tanto de saneamento como de suministro de auga.
“Seguimos traballando para mellorar a accesibilidade e as beirarrúas da vila, somos conscientes de que é algo necesario para a veciñanza”, destaca Fernández Rey.
Respecto á estación de bombeo na zona do Ril, os traballos teñen un importe de 174.338,70 euros. “Trátase dunha obra de entidade considerable, que se encadra dentro da mellora medioambiental que queremos levar a cabo na vila”, apunta o concelleiro.
“A zona non tiña un saneamento axeitado, provocando problemas tanto medioambientais como para a veciñanza”, sinala Fernández Rey. “Vaise renovar toda a rede tanto de auga como de saneamento, e o bombeo servirá para levar os residuos a tratamento na EDAR”, explica.
Con esta obra o concelleiro pretende “solucionar un problema histórico da veciñanza da zona, cunha actuación que se foi retrasando debido ás dificultades técnicas para a colocación do bombeo, pois houbo que modificar o proxecto inicial”.
Fernández Rey sinala que para el “era un tema xa case persoal levar esta obra adiante, e por fin vai ser unha realidade”. “Agardamos que os veciños queden contentos con esta obra, que ao final é o que queremos”, engade.