O concelleiro nacionalista Marcos Villamil que xunto coa tamén concelleira Raquel Ferreira interviron no acto e recordaron que hai pouco máis dun ano concentráranse tamén diante do Centro de Saúde denunciando as mesmas carencias que un ano despois, lonxe de mellorar, empeoraron.
Iniciativas do BNG no Parlamento para mellorar a sanidade pública que o PP bota abaixo
Os edís nacionalistas fixeron referencia á cantidade gran cantidade de iniciativas que o BNG fixo no Parlamento, e fixeron especial fincapé nas emendas formuladas aos Orzamentos da Xunta 2024 polo deputado mariñao Daniel Castro donde se pedía mais consignación orzamentaria para recurso humanos e materiais para a Atención Primaria na Mariña (2,5M€), e outros 2,5M€ específicamente para os servizos de pediatría. Así mesmo demandábase dotación para os servizos de matrona na comarca e 1M€ para a construcción do novo centro de saúde de Ribadeo, agora que xa hai terreos para a súa ubicación.
A sanidade pública en máns dos seus destructores: o Partido Popular
Lamentan os nacionalistas que todas estas propostas tan necesarias para a sanidade pública na Mariña e tan demandadas pola sociedade foran botadas abaixo ao votar en contra delas os deputados e deputadas do Partido Popular no Parlamento. “Con esto podemos comprobar en máns de quen está a sanidade pública en Galiza e na Mariña: en mans dos seus destructores”, afirmou o nacionalista Marcos Villamil, que animou á cidadanía a seguir mobilizándose en defensa deste dereito tan importante como é a sanidade pública.