Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG logra un acordo na Deputación para esixir á Xunta e ao Estado “prazos e investimentos concretos” para a VAP Costa Norte e a A-74

Daniel García valorou que “PP e PSdG aparcaran as proclamas partidarias para reclamar aos seus respectivos gobernos impulsar dúas infraestruturas fundamentais para a Mariña”

Lugo, 26 de decembro de 2023. O grupo provincial do BNG logrou que o PP e PSdG acepten trasladar aos seus respectivos gobernos na Xunta e no Estado a necesidade de poñerse dacordo para impulsar as infraestruturas pendentes na Mariña.

O voceiro nacionalista Daniel García valorou que “o PP e o PSdG aparcaran as proclamas partidarias e se aviran a un acordo para esixir a Xunta de Galiza e ao goberno do Estado prazos e investimentos para dúas infraestruturas fundamentais para a comarca como son a VAP Costa Norte e a A-74 polas que levamos agardando décadas”

O deputado mariñao incidiu “na importancia destas vías de comunicación para vertebrar e conectar a Mariña ante un futuro que se presenta con incertezas” e comprometeu o traballo do BNG para que “o acordo acadado hoxe se refrende con actuacións concretas”.

O BNG logrou a unanimidade do Pleno Provincial cunha proposta que insta ao goberno da Xunta de Galiza a reactivar de xeito inmediato a construción da VAP Costa Norte, presentando unha folla de ruta con prazos e investimentos concretos que fixen unha data de remate para a vía entre San Cibrao e Ferrol, así como consensuar co goberno do Estado unha cronograma para axilizar a A-74 entre Barreiros e San Cibrao.

A proposta da formación nacionalista logrou superar os vetos cruzados de PP e PSdG para sacar adiante un acordo que prioriza as solucións á débeda histórica que os gobernos da Xunta de Galiza e do Estado manteñen coa Mariña.

Exit mobile version