Viveiro, 21 de decembro, 2023. Tal e como defendía xa no 2021, cando o BNG se reuniu coas asociacións para poñer en común unha moción para aplicar subvencións por concorrencia competitiva, o BNG mantén que ea creación destas bases son necesarias para un reparto de fondos públicos en baixo criterios de obxectividade, concorrencia e publicidade que garantan transparencia.
Unha proposta na que se defendía a participación das asociacións na elaboración do texto que establecería os criterios de adxudicación, pretendendo acadar unhas subvencións concedidas en base a criterios consensuados. Posicionamento que se sustenta no reparto equitativo tal e como se fai en administracións superiores como a Deputación ou a Xunta de Galiza.
De terse aprobada esta moción naquel momento, as asociacións contarían cun documento que regularía e garantizaría a correcta adxudicación das axudas, permitindo a correcta programación e organización da súa actividade.