Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de mondoñedo pide explicacións pola suspensión dos premios de poesía Díaz Jámome e Leiras Pulpeiro

Mondoñedo 15 de decembro do 2023. Nestas datas, cando se debería estar celebrando a entrega no concello dos galardóns aos autores ou autoras das obras premiadas, o BNG critica ao goberno popular de Manuel Otero por non convocar este ano o XXIV premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores e o XII premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

O voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, apunta que estes dous certames estaban máis que consolidados no panorama poético galego xa que ademais de promover a escrita poética en lingua galega e de honrar a memoria dos nosos escritores mindonienses tamén eran un referente no descubrimento de novas e novos talentos do xénero poético por iso que reclama que se volvan a convocar para o vindeiro ano.

O BNG, ante a falta dun comunicado por parte do goberno, pide explicacións pola decisión de non convocar este ano os dous certames de poesía, “sorpréndenos que o concello suspenda estes dous premios que xuntos non chegan aos 6000 euros o mesmo ano no que promoven a primeira edición dun novo premio de novela “Álvaro Cunqueiro” dotado con 9000 euros de fondos propios”.

Exit mobile version