A subdelegada interpelou á conselleira de Industria ante a problemática trasladada pola empresa, pedindo que o executivo galego asuma as súas competencias na materia
Isabel Rodríguez reiterou unha vez máis a necesidade de que a Xunta “asuma as súas competencias en Industria”, interpelando á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, para que “poñan solucións sobre a mesa nun asunto que require compromiso real pola gran repercusión que ten tanto na comarca como na provincia”.
A subdelegada explicou que o Goberno traballa desde “o minuto un pola continuidade e mantemento da actividade económica, garantindo tamén os postos de traballo nunha industria vital para a Mariña”. Ademais, ante este anuncio de Alcoa, desde o Goberno comunican que convocarán a Comisión de seguimento para “analizar que todos os puntos do acordo se están a cumprir”.