Site icon Crónica3.com A Mariña

Fauna 113, de Vigo, gañou o premio Conde Santo á mellor de representación na quinta edición do Certame de Teatro de Lourenzá

Lourenzá, 18 de decembro de 2023. O grupo Fauna 113, de Vigo, gañou o premio Conde Santo á mellor de representación na quinta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Estaba dotado con 750 euros e o trofeo correspondente.

O premio Lourenzo ao mellor actor recaeu en Carlos Rebolo, de Hipócrita Teatro, de Lugo. O premio Ana á mellor actriz foi para Iris Darriba, de Fauna 113. O premio ao mellor actor de reparto foi para Xabi Prieto, de Teatro Carauta, de Santiago. Lucía Cougil, de Coles Teatro, recibiu o premio á mellor actriz de reparto. Para Teatro Carauta, coa obra Moito ruído e poucas noces, foi o premio á mellor posta en escena. E o premio especial do público recibiuno Pan con chocolate, do grupo Ollomao de Barreiros.

O punto final á gala de entrega de premios, celebrada na noite do pasado sábado, púxoo Ítaca Teatro coa representación do monólogo Anacos.

Exit mobile version