Ribadeo, 31 de decembro de 2023. A XXXIII San Silvestre encheu de cor e de bo humor as rúas de Ribadeo esta tarde. Nesta edición foron 855 as persoas inscritas para despedir o ano practicando deporte.
Ao remate tivo lugar a entrega de premios ás gañadores e gañadores, que presidiron o alcalde, Daniel Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, acompañados doutr@s compañeir@s do equipo de goberno.
Vega e Silvent agradeceron a alta participación na San Silvestre de 2023: “queremos dar as grazas a todas as persoas, adultas e cativas, que quixeron dicirlle adeus ao ano que se vai facendo deporte en Ribadeo. Grazas a todas as voluntarias e voluntarios por colaborar e ás firmas que estiveron nesta edición acompañando ás corredoras e corredores. Agardámosvos a tod@s na San Silvestre de 2024”.
A clasificación da carreira pódese consultar en www.championchipnorte.com