As actividades comezarán ás 16h 30 con xogos populares e tradicionais para toda a familia, que corren a cargo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Ás 18h terá lugar o contacontos con monicreques “A nena lentella”, un espectáculo da narradora oral Olga Abad. Nada máis rematar haberá chocolatada e, ás 19h 30, Papá Noel recibirá a todas as crianzas. Para pechar o evento realizaránse os sorteos de dúas cestas e viño nos locais O Caseto de Copa e O Almacén.