O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe entregamos as primeiras cestiñas dos arrolos. Con elas queremos dar a benvida a todos os bebés que tiveron a gran sorte de nacer en Ribadeo”.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para as familias que deciden iniciar o seu proxecto de vida en Ribadeo: “desde o Concello queremos agradecer a todas as familias que apostades por Ribadeo, que queredes establecer o voso proxecto de vida, o voso proxecto familiar aquí en Ribadeo. Desde o Concello, desde o cariño, con este pequeno agasallo queremos formar parte desta etapa tan feliz e tan entrañable para vos e sen lugar a dúbidas para Ribadeo”.
E engadiu: “grazas á asociación Saúde Mental A Mariña por elaborar esta cestiña dos arrolos con tanto agarimo e con tanto mimo. Grazas a todos por facer máis grande a Ribadeo”.