Ribadeo, 19 Decembro, 2023. As dúas persoas feridas, unha delas en cadeira de rodas, estaban totalmente liberadas e accesibles.
Unha persoa particular foi quen, ás 12:30 horas deste mediodía, informou ao 112 Galicia. Indicaba que dúas persoas, unha delas en cadeira de rodas, foran atropeladas nun paso de peóns, na rúa de San Roque, á altura do número 13, en Ribadeo. Aseguraba que estaban conscientes e totalmente liberadas.
Desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros de Barreiros e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Os servizos sanitarios confirmaron o traslado das dúas persoas ao centro hospitalario de referencia.