Estas tarefas forman parte do novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos
As novas actuacións levaranse a cabo na estrada AC-445, no municipio de Fisterra; e na LU-540, ao seu paso por Viveiro, Ourol, Xermade e Muras.
Tamén continuarán as intervencións que xa están en marcha en distintas vías autonómicas, como na autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño.
En Lugo avanzarán as actuacións na vía de altas prestacións que comunica Viveiro e Xove (C.G-2.3).
Tamén en Ourense continuarán os traballos na OU-504, ao seu paso polos municipios do Carballiño, Maside e Leiro.
Na provincia de Pontevedra seguirán as intervencións nas marxes da AG-46, que comunica Moaña e Cangas; e na CG-4.1, que une tamén os municipios de Moaña e Cangas.
Control de biomasa
Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.
As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.