O 112 Galicia foi alertado minutos antes das 18:30 horas, a través do sistema de aviso de emerxencia do coche implicado. Así, os xestores puideron comunicarse coa condutora, quen indicou que estaba ferida.
Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, interviñeron o GES da Pontenova e a Garda Civil de Tráfico.