Site icon Crónica3.com A Mariña

Co acendido este venres do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal

O alcalde, Dani Vega, dirixiulle á veciñanza congregada no parque de San Francisco para desexarlles unhas boas festas. Despois visitou o Mercado do Nadal instalado na contorna da Praza de Abastos. Fíxoo acompañado das concelleiras e concelleiros do equipo de goberno Montse Seijo, Elena Sierra, Francisco José Silvent e Diego dos Santos. E a continuación foi inaugurado o photocall de Acisa Ribadeo na rúa Rodríguez Murias. Neste percorrido tamén participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. Asistiu tamén ao acto de acendido do alumeado de Nadal o presidente da comisión de festas de Ribadeo, Gonzalo Lebredo.

Exit mobile version